Normativa de réxime interno e condicións do aloxamento
O albergue é un establecemento destinado ao aloxamento de todo tipo de hóspedes. A continuación detállanse as normas de réxime interno e condicións do aloxamento.
- O uso das instalacións e servizos do albergue estarán suxeitos a aboar as tarifas aprobadas pola dirección deste.
- Os hóspedes menores de idade deberán de dispoñer de autorización para facer uso do albergue.
- Os grupos de estudantes, asociacións, sociedades deportivas, etc. deberán contar con algún membro maior de idade, o cal será responsable do grupo.
- A dirección do albergue realizará a distribución de liteiras para un maior aproveitamento do espazo.
- No albergue está prohibido fumar, consumir bebidas alcohólicas ou calquera substancia prohibida.
- Non se permite a entrada de mascotas.
- Todos os hóspedes do albergue deberán coidar as normas sociais de convivencia e hixiene.
- A habitación é para durmir, débese de respectar o descanso dos compañeiros e compañeiras.
- O albergue non se fai responsable de posibles perdas ou roubos.
- Todo usuario deberá ter coidado coa conservación das instalacións e mobiliario deste. No caso de calquera dano deberá comunicalo á dirección e esta avaliará se ten algún tipo de consecuencia. En calquera caso, o hóspede que cause algún deterioro de mobles ou instalación responderá dos mesmos.
- O servizo de lavandaría e secado está dispoñible para todos os usuarios (aconséllase lavar a roupa en grupos, para aforrar). Deberá solicitalo á dirección e abonar a tarifa establecida.
- Cada hóspede disporá dunha cama nunha liteira e armario individual. Ademais, contará cunha funda de almofada, funda de colchón, edredón e toalla.
- O responsable do albergue poderá modificar ou variar as normas do servizo ou variar as condicións debido a calquera circunstancia que o aconselle, por urxencia ou causa maior.
- O incumprimento destas normas pode ocasionar a expulsión do infractor.
- Existen follas de reclamación á disposición dos hóspedes.